O día 1 o noso club cumple 31 anos e abrimos a serie de torneos que formarán o noso calendario de probas.
Celebramos que o 1 de maio de 1994 seis universitarios e un profesor promoveron a creación do Club de Iniciativas Deportivas Universitarias. Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Sporting Club Casino que nos deixará empregar as súas instalacións unha vez mais. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.
Como xa fixemos en anos pasados e pensamos manter no futuro o Torneo tamén determina ao campión universitario da UDC na modalidade de rápidas (XXXIII Torneo Universitario de Rápidas) que será recoñecido cun trofeo a maiores.
BASES DO TORNEO ANIVERSARIO.
DATA:
Xoves 1 de maio de 2025.
Xoves 1 de maio de 2025.
LOCAL DE XOGO:
Salóns da 4ª Planta do Sporting Club Casino.
Rúa Real 83 - A Coruña
HORARIO:
Presentación: 16,00-16,25
1ª Rolda: 16,30
1ª Rolda: 16,30
2ª Rolda: 17,00
3ª Rolda: 17,30
4ª Rolda: 18,00
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 19,00 a 19,30.
SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''. A criterio dos árbitros nas categorías inferiores poden no poñer reloxio, poñelo en ritmo finish ou só poñelo nas partidas longas.
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais, salvo que queden menos de dous minutos.
DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.
XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor.
Tamén poderán participar socios do Sporting Club Casino sen estar federados.
Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:
Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2017 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2016 e 2015.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2014 e 2013.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2011 e 2012.
Absoluta. Nados en 2010 ou anteriores.
En función do número de participantes realizaranse grupos estrictos por idade o combinados.
PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada grupo.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Medalla para todos os participantes sub14.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.
COTAS E INSCRICIONS
Os primeiros torneos do Aniversario terán unha pequena cota no mes de maio, mentres que os xa programados para xuño e xullo serán de balde.
A participación neste torneo será de 5 euros.
O máximo de participantes será de 80.
A data tope para anotarse será o 30 de abril ás 14,00.
Os xogadores participantes terán preferencia na inscrición dos demais torneos do Aniversario.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:
OUTROS TORNEOS NAS PRÓXIMAS SEMANAS
En 2025 seguiremos coa liña de ampliar os torneos do aniversario, os participantes en cada torneo contarán para unha proba combinada.
Outros torneos previstos nas próximas semanas:
TORNEO DIA DAS LETRAS GALEGAS. 17 de maio. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO LÓSTREGO - (C.C. Odeón en Narón). 28 de xuño. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 5 de xullo.
CONSIDERACIONS FINAIS
Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.